flower_death ([info]flower_death) wrote,
@ 2005-07-19 15:31:00
Previous Entry  Add to memories!  Tell a Friend  Next Entry
Current music:people are strange -the doors-
Entry tags:cancións

people are strange

People are strange when you’re a stranger Faces look ugly when you’re alone Women seem wicked when you’re unwanted Streets are uneven when you’re down

When you’re strange Faces come out of the rain When you’re strange No one remembers your name When you’re strange

People are strange when you’re a stranger




(5 comments) - (Post a new comment)

Estrañeza
(Anonymous)
2005-07-19 09:31 pm UTC (link)

Xa que falas de estrañeza direiche que:

A primeira vez que te vin parecéchesme estraña.
Estrañamente transgresora.
Por como vestías.
Por como ollabas.

A primeira vez que falei contigo parecéchesme agradable.
Agradablemente cercana.
Por como sorrías.
Por como falabas.

A primeira vez que lin un escrito teu parecéchesme sincera.
Sinceramente orixinal.
Por como sentías.
Por como expresabas.

E así é que o teu blog resulta por veces transgresor, por veces cercano e sempre sincero... Tesme dito que escriba algún post, pero é que en ocasións sinto que sobran as palabras. Sempre se di que as persoas temos tres "eus": o eu que os demais cren que somos, o eu que nós cremos ser e o eu que realmente somos. E coñezo ben pouca xente na que estes dous últimos eus se fusionen tan ben como en ti, é dicir, que creo que non sei de case ninguén que se coñeza tan ben a si mesmo coma ti. Entón...que che vou dicir que non saibas? Simplemente que cada día creo máis que as cousas suceden sempre por algo. De súpeto, ves que na túa vida probablemente haxa algún cambio bastante drástico, e por diferentes razóns ás veces tamén reflexionas sobre cambios drásticos que ocorreron hai xa tempo e as repercusións que teñen no presente e cando se te xunta todo sintes que o mundo se vén abaixo. Pero seguro que se se producen cambios na túa vida van ser para mellor, aínda que agora non cho pareza.

Emprestáronme un libro de poesía de Luis Alberto de Cuenca. Del extráioche o seguinte poema:

OPTIMISMO

No pienses en el día oscuro, en el día en que nadie
responde, en el día en que tienes a un dios enfrente.
Piensa en la otra jornada, aquella en que venciste
al enemigo o ganaste en el juego, aquel día feliz
en que todo te sonreía. Que tu ejemplo en la vida
sea siempre lo que gozaste, no el sufrimiento.


Pois o dito, sursum corda (arriba os corazóns (as tetas tamén valen ;-P)). Que xamais decaia o ánimo.
Bicos.

(Reply to this) (Thread)

Re: Estrañeza
[info]flower_death
2005-07-19 10:46 pm UTC (link)
:'( snif snif
non sei se é pola música que estou escoitando (blackout de muse, se non a coñeces, tela que escoitar, é matadora), se polo estado de ánimo no que me encontro ultimamente co que as sensacións todas se me magnifican, ou se porque acabo de ler o post máis sincero -me gusta pensar-, amable, agarimoso e largo! que xamáis me adicaron, que se me acaba de encoller ese músculo sonoro que se me agocha trala nicotina que chucho cos cafés.
gracias por lerme. gracias por escribirme. gracias por me ver como me ves. e por non deixar de estar aí atenta.

mañá mesmo baixo a the woman's secret, ou ó mercado de Coia, a comprar un bo sostén!! ;) )

son de pensar que o que pasa, sempre pasa por algo; e cando algo malo sucede, algo bo o ha compensar... nas miñas mans agora só está aceptar o que me toca, facer o que teño que facer, e que sea o que Deus queira...

(Reply to this) (Parent)(Thread)

Re: Estrañeza
(Anonymous)
2005-07-20 10:27 am UTC (link)
>>>>>mañá mesmo baixo a the woman's secret, ou ó mercado de Coia, a comprar un bo sostén!! ;) )

X-DDDD

Graciñas a ti por todo.
Bicos.

(Reply to this) (Parent)


[info]xenevra_99
2005-07-26 08:25 pm UTC (link)
que vou dicir. este é o meu punto débil... encántame ver que te acordas dos doors. e si... igual a canción te define un pouco... bueno, bastante. pero eu penso que das cousas estrañas se quita a orixinalidade, a razón de ser. ti fas de calquera cousa que a outra persona lle quedaría unha horterada, unha forma de vida con estilo propio... non sei se entendes moi ben o que che kero dicir...
encantoume o post. e ti es emily tal cual. sempre cho dixen. ala... bikos

(Reply to this) (Thread)


[info]flower_death
2005-07-27 01:25 am UTC (link)
sei que é o teu punto débil e non por eso escribo, senón porque son parte do que me recorda a ti e me fan sentir un pouco acompañada.
eu no quero ser estraña, só quero ser eu mesma e que non se me xulgue polas simples aparencias. sei que é difícil, e quizais imposible, pero é algo polo que os soñadores temos que loitar. Fóra estereotipos! fóra razas puras! fóra prexuízos!!
cadaquén é cadaquén. ti es ti. eu son eu. todos somos persoas esperando ser alquén -feliz- teñamos as metas que teñamos.

(Reply to this) (Parent)


(5 comments) - (Post a new comment)

Create an Account
Forgot your login or password?
Login w/ OpenID
English • Español • Deutsch • Русский…