Home
flower_death - January 9th, 2006 [entries|archive|friends|userinfo]
flower_death

[ userinfo | livejournal userinfo ]
[ archive | journal archive ]

January 9th, 2006

flower_death's death [Jan. 9th, 2006|05:39 pm]

Ata aquí chegou esta flor murchia.

Agarrando forte a cabeza para que nada se me escape, para non tolear máis.

Pasaron moitas cousas des que empecei esto, fíxenvos partícipes dos meus pensamentos máis patéticos; perdín a dignidade.

Recupereina de repente! e fóronseme as ganas de falar.

Aquí se queda unha parte de min. Deixo escrito un dos peores capítulos da miña vida, ata  que a www o elimine e tan só quede no olvido, nos recordos.

Ao mellor nun tempo me volvedes ver, posiblemente en bitacoras; ou non. Ou en fotolog, ou non.

Obrigada polas visitas. Maiormente aos comentarios, que moitas veces me axudaron moitísimo.

Unha flor morreu, pero no sitio quedou a semente...

 

Mirádeme ós ollos e non vos creades nada.

 

A felicidade está debaixo dunha pedra. Non te empeñes en querer levantalas todas para atopala, algún día tropezarás sen querer, rascaraste as rodillas, cagaraste en todo e ti verás se te preocupas máis polo que che doe o golpe que polo que che fixo caer.

Eu téñoo todo moi claro agora mesmo. Se para algo me serviu este blog, foi para coñecerme a min mesma. Antes cría que me coñecía, agora dubido, porque me coñezo máis. Se saquei algo de todo isto, é que son unha das persoas máis raras que coñecín na miña vida.

 

Adeus para sempre, adeus.

link6 comments|post comment

navigation
[ viewing | January 9th, 2006 ]
[ go | Previous Day|Next Day ]

Advertisement