| florezo en febreiro porque me dá a gana |
[Feb. 14th, 2007|03:50 am] |
| [ | music |
| | La Redecouverte (Yann Tiersen) BSO Amélie --casual!!!-- | ] | E deixeino. Deixeino moito tempo. Moitísimo. Era para sempre, pero livejournal non quixo. Sei que me necesitou, que sen min non sería nunca o mesmo, por eso me gardou este recuncho. Ou quizais non sería a mesma eu se este cacho de min non estivese gardado (?). Vivín moitas emocións naqueles tempos, e conteinas todas, a corazón aberto.
Hoxe vin dar aquí en busca dun comentario de Paz (extrañeza) para postear en basanderemetal.com/foro, e comecei buscando post a post de forma tola, ata que me rebentou a bombilla nos ollos e dixen: está alí! E deime conta, pasando pasando as páxinas, do moito que coñezo este lugar, do eu que era estando aquí, do non eu que era correndo da habitación á sala de informática a mirar se había novos comentarios, a mirar e comentar eu outros cachiños de almas de outros. Deime conta do moito que me gusta este sitio, da paz que me transmite.
Cando decidín non escribir máis estas miñas historias, estaba agonizante, ou quizáis nun novo florecer do que non me apetecía falar xa. Ás veces un cansa de moito falar e nada dicir. Ou cansa dun sei o que sentes vacío. Ou de outras moitas cousas. E non é bo forzar. Cando algo ten de rematar, hai que axudalo, e deixalo ir. O que si, tamén se hai que reconciliar co pasado. E aquí estou. Aquí de novo. Cando deixei o liverjournal empecei un fotolog. Tiven plans dun novo blog, e empezar empecei varios, pero nada foi adiante; sería que non me topaba a gusto como aquí. É absurdo, pero o absurdo sempre me superou.
Pensaba non volver aquí xamais. Facíanme mal moitas cousas que hai aquí. Quería romper o que fun e ser outra flor nova. Sona, sen dúbida a son. Nin mellor nin peor, pero si máis forte, que son eu moi apañada e sei sementar ben. Espero que esta que está aquí non morra moitas veces máis, porque doe.
Aquí está a miña vida. A miña morte. Angustias, felicidades e delirios de grandeza ou de pobreza ou de arroz con chícharos.
Benvidos de novo. |
|
|