flower_death ([info]flower_death) wrote,
@ 2006-01-09 17:39:00
Previous Entry  Add to memories!  Tell a Friend!  Next Entry
flower_death's death

Ata aquí chegou esta flor murchia.

Agarrando forte a cabeza para que nada se me escape, para non tolear máis.

Pasaron moitas cousas des que empecei esto, fíxenvos partícipes dos meus pensamentos máis patéticos; perdín a dignidade.

Recupereina de repente! e fóronseme as ganas de falar.

Aquí se queda unha parte de min. Deixo escrito un dos peores capítulos da miña vida, ata  que a www o elimine e tan só quede no olvido, nos recordos.

Ao mellor nun tempo me volvedes ver, posiblemente en bitacoras; ou non. Ou en fotolog, ou non.

Obrigada polas visitas. Maiormente aos comentarios, que moitas veces me axudaron moitísimo.

Unha flor morreu, pero no sitio quedou a semente...

 

Mirádeme ós ollos e non vos creades nada.

 

A felicidade está debaixo dunha pedra. Non te empeñes en querer levantalas todas para atopala, algún día tropezarás sen querer, rascaraste as rodillas, cagaraste en todo e ti verás se te preocupas máis polo que che doe o golpe que polo que che fixo caer.

Eu téñoo todo moi claro agora mesmo. Se para algo me serviu este blog, foi para coñecerme a min mesma. Antes cría que me coñecía, agora dubido, porque me coñezo máis. Se saquei algo de todo isto, é que son unha das persoas máis raras que coñecín na miña vida.

 

Adeus para sempre, adeus.




(Post a new comment)

Andrés
(Anonymous)
2006-01-09 09:44 pm UTC (link)
queee??? !!!!!! :S !!!!!!!
No puede ser
A mi me gustaba tu blog
no por el hecho de que me aguantes todas mis raiadas y seas la tia de mi novia
pero por el hecho de que escribias con claridad tus pesamientos y sentimientos
bueno con total claridad no porque dejabas cosas en el aire para que tampoco fuese un confesionario esto
Pero bueno que yo tampoco estoy en una de mis mejores epocas y no me se expresar con claridad a lo que me quiero referir sobre tu blog
espero que con esto llego : este fue el unico blog en el que estube dia tras dia lellendo todo lo que alguien escribe.Es mas estas navidades estube, aun sabiendo que no te encontrabas presente,mirando todos los dias por si se te ocurria actualizar.
Y bueno que aunque lo dejes por ahora espero que vuelvas a hacer uno o un fotolog o lo que sea
joer almenos poder seguir rallandote con mis movidas por el msn no??...
Bicos
Ainda podense seguir conservando os petalos das flores mortas

(Reply to this) (Thread)

Re: Andrés
[info]flower_death
2006-01-11 09:33 pm UTC (link)
bueno home, gracias polos cumplidos, pero sobrevivirás sen ler as miñas raiadas...

seguramente faga un fotolog, que me apetece moito, pero iso será cando teña cámara e ordenador... vaia... dentro de moito moito tempo.

non te preocupes que eu sigo onda sempre. bikiñosssss

(odio as despedidas !!!)

(Reply to this) (Parent)


[info]xenevra_99
2006-01-10 08:25 pm UTC (link)
queres saber cal foi o meu soño de hoxe??
http://www.livejournal.com/users/xenevra_99/13050.html?mode=reply

que che vaia ben, vuela alto :)

(Reply to this) (Thread)

^;^
[info]flower_death
2006-01-11 09:33 pm UTC (link)
y volando vooooooooooooooy

y volando vengo vengoooo

porque te ai lof iuuu

(Reply to this) (Parent)

TêRMï
(Anonymous)
2006-01-11 12:11 am UTC (link)
A fin dun blog sempre é dura.
Non quero que pareza egoísta pero vouche falar da miña experiensia vital.
Cando comecei nisto, no blog do salmón (rojo y a copntracorriente) éramos a pomada, que ben o pasabamos, como triunfabamos, eramos a revelasión do ano, ó final, o día menos pensado, acabamos, a xente non o entendía, tabamos na cresta da ola, porque deixalo? acaso tiñamos medo a caer polo vertigo de estar tan arriba ou é que xa estabamos faltos de ideas? que va! Rematamos porque xa non nos podiamos aproveitar máis do blog, xq non nos proporcionaba nada, xq xa nos coñecimos a nos mesmos e os nosos compañeiros, xq pouco máis abía que compartir... POR QUE NON TIÑA LÓXICA a existencia dese bloj.
Se a ti pasache isto, deixa o blog, DEIXAO!



Cando o necesites, ou el a ti ou cando teñas que publicar algo, resumindo, cando che faga falta un blog (outra ves) xa te decatarás.

ÁNIMO MOSA! E coidateme!
Bicasos! (unha majoa que o deixes, por agora!)

(Reply to this) (Thread)

Re: TêRMï
[info]flower_death
2006-01-11 09:26 pm UTC (link)
ti o dixeches todo, meu

hai que saber onde están os límites. a fin deste blog xa a vía de lonxe, pero parecía coma se me dese medo...

hai cousas que terminan, flower_death non ten ningún sentido agora mesmo. ningún.

seguirémonos lendo... ^^

(Reply to this) (Parent)


Create an Account
Forgot your login or password?
Login w/ OpenID
English • Español • Deutsch • Русский…