flower_death ([info]flower_death) wrote,
@ 2007-05-05 19:51:00
Previous Entry  Add to memories!  Tell a Friend!  Next Entry
apoloxía do absurdo (in crescendo, sempre)
onte escribín moito. onte pola noite. non podía durmir. e supoño que escribín tantas barbaridades que o señor destino me borrou a pantalla adrede. o que fose. así que volvo a escribir hoxe que, ademáis, acabo de levar unha pequena grande alegría. gracias, termi, por pasarte. ás veces boto de menos o que esto era antes.


tanto tempo facendo nada non resulta infructífero. non. e ojalá. pero o marmotismo invita á reflexión, e as festas son cada vez menos divertidas. 

perdeume todo sentido a vida. 

de repente pásame pola cabeza todo o que fixen durante o ano, o que debería ter feito, o que me queda por facer, e o pouco tempo que me afoga. e intento organizarme, pero non dou. entón, logo penso: e para que vou facer esto e facer aquelo que nin sequera me apetece facer? claro, para telo feito e sentirme contenta. pero, e se non me pon contenta a idea de telo feito? aínda que con chascar os dedos estivese listo. e agora que? pois agora... a facer outras cousas. e deso se trata. de facer cousas e cousas para non te encher de telarañas até que morres. e nada máis. despois morrestes e listo. 

estou na idade marabillosa de disfrutar todo ao máximo. de crearme un futuro. pero non dou. non dou visto futuro porque se me perderon tódalas ilusións. non sei en que momento, porque marcharon cando lles deu a gana e sen avisar. putas. e aquí estou e son, un esqueleto cuberto de carne podre que respira inevitablemente. e pouco máis.

o peso de tódalas equivocacións estáme aniquilando.

pero, en fin, vou facer cousas, xa que estou viva. e que sexa o que teña que ser.



(Post a new comment)

TeRMi
(Anonymous)
2007-05-06 05:21 am UTC (link)
Non tes nada que agradecer, nin no post nin no comentario no meu blog, simplemente mola que a xente volva á rede!

Respeto ó post, bueno vou bastante morao pero tentarén explicarme: non tes porque raiarte por o porqué de non facer as cousas, tenta emendar eses erros facendo esas cousas que debiches facer (sempre e cando sexa posible se non pois terás que tomar outras alternativas digo eu) e punto e tampouco te raies por o que pasará logo, simplemente xoga coas cartas que te deron (que mííííííítico soa isto) pero XOGA!

Abur mosa!

(Reply to this)

noa
[info]xenevra_99
2007-05-06 07:55 pm UTC (link)
sona mítico tamén... e nn me mola... pero... máis ou menos pásame o mismo...

(Reply to this)

Alex
(Anonymous)
2007-05-06 11:03 pm UTC (link)
Non importa o non feito, senón o que se fará, nunha vida enteira por disfrutar.

O non feito (non simplemente) está ahí para recordalo cando poida volver pasar, e facer.

Non sei se me expliquei ben 8-), pero estou seguro de que me vas entender.

:abraz:

(Reply to this) (Thread)

Re: Alex
(Anonymous)
2008-03-18 04:11 pm UTC (link)
son idiota...

(Reply to this) (Parent)


Create an Account
Forgot your login or password?
Login w/ OpenID
English • Español • Deutsch • Русский…